1.- Cidadania ou nacionalismo español?
O discurso político de Ciutadans-Partit de la Ciutadania (C’s) xira en derredor da idea de cidadanía, opondo esta à nacionalidade (que remite à tribo) e inzándoa de connotacións positivas e de carga normativa (a cidadanía implica dereitos).
Sen embargo, esta non é máis que unha manobra para agochar que son un partido nacionalista, nacionalista español: el nacionalismo español no tiene necesidad de explicitarse continuamente, de afirmarse como tal, sino que puede perfectamente quedar implícito en un discurso pretendidamente aséptico y neutral.
O cabalo de Troia da súa dialéctica é o dereito a empregar e vivir na lingua que a cadaquén queira e lle apeteza, sen imposicións. En concreto, ao falar de imposición atenden à situación do català e ao seu proceso de normalización lingüística. Como apunta Sort i Jané: No tocante ó segundo, o conflito intracomunitario, este desenvolveuse sobre todo en comunidades autónomas consideradas ‘bilingües’. Nelas intentouse producir divisións societais entre os nacionalistas particularistas e os ‘leais’ ó Estado, tomando como instrumento aqueles aspectos que podían polarizar máis a opinión pública. O recurso máis recorrente foi a cuestión lingüística. É moi interesante sinalar que o nacionalismo español tendeu a magnificar a importancia dos sectores opostos á normalización lingüística ata colocalos ó mesmo nivel que os partidarios dela –incluso ó mesmo nivel que os mesmos poderes rexionais. (...) Por outra parte, o neonacionalismo español tamén aproveita este conflito para conseguir outro dos seus obxectivos preferentes, o recoñecemento por parte da cidadanía catalana do feito de que a lingua española é tamén lingua propia, consolidándose así a bilingüización plena de Cataluña.
Naturalmente, este feito abonda para sospeitar que C’s é un partido nacionalista español, pero non aclara que sector social podería dar apoio a un partido de ese tipo, nin tampouco en que posición do eixo esquerda-dereita se podería situar este partido. A miña hipótese é que C’s se sitúa no centro-esquerda de orientación española, para recoller os votos do que vou denominar o ‘espazo PSOE’, que deberían constituír o seu alicerce electoral, e competir no centro co Partit Popular de Catalunya (PPdC) e o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) polo voto centrista e español.
2.- O qué é o ‘espazo PSOE’?
Como mostran Bartomeus e Molas nos seus estudos la competència política a Catalunya s’estructura al voltant de dos grans «cleavages»: la dimensió esquerra-dreta, pròpia de les societats industrials, i el sentiment de pertinença comunitària, sigui a Espanya o a Catalunya. Aquestesno són les úniques divisòries existents, però és generalment admès que es tracta de les dues més explicatives de la confrontació política a Catalunya i, per tant, de les diferents posicions polítiques individuals i col·lectives.
A sociedade catalana é maioritariamente de centro-esquerda e moderadamente catalanista: els dos extrems de l’eix esquerra-dreta són zones molt despoblades on només s’hi situa un 2% dels entrevistats. La majoria de la societat catalana se situa en posicions de centre, centre-esquerra i esquerra. Respecte a l’eix de pertinença la majoria es situa en l’espai central (tan espanyol com català), amb un predomini del bloc ‘únicament català’ i ‘més català que espanyol’ sobre el bloc ‘únicament espanyol’ i ‘més espanyol que català’. Entre les zones que concentren més respostes destaca un nucli (que reuneix el 25% del total) situat a la part central de l’eix de pertinença i en la posició de centre i centre-esquerra. Ací se situa el centre de gravetat del sistema, d’acord amb l’actitud expressada pels entrevistats. Al voltant d’aquest punt central, s’estén un segon nucli bastant poblat, que comprèn gairebé tota l’àrea superior de l’eix de pertinença (àrea de sentiment català) que va des de l’esquerra fins al centredreta de l’eix horitzontal. Si consideréssim els eixos com a fronteres que divideixen el territori en quatre espais, i prescindíssim de les posicions centrals, trobaríem importants diferències. La zona més poblada seria la que expressa posicions d’esquerra amb sentiment de pertinença català, amb el 16,2%. Després se situaria l’àrea d’esquerra i de sentiment espanyol, amb el 8,6%. Els dos espai que representen la dreta estan més deshabitats, amb una lleugera diferència a favor del de sentiment de pertinença català (3,8%) sobre l’espanyol (3,0%).
Non obstante existe un sector social de centro-esquerda español en Cataluña que vota PSC () ou que se abstén: Un altre grup d’electors canviants és el d’aquells que recorden haver-se abstingut en alguna de les eleccions. Entre aquests, el sub-grup més nombrós és el dels que afirmen no haver votat en les eleccions autonòmiques i haver votar el PSC en les eleccions generals (4,4%). Cómpre non esquecer que o PSC é o resultado da fusión de varias correntes: o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament, o Partit Socialista de Catalunya-Congrès e a Federació Socialista de Catalunya-PSOE.
Se atendemos aos resultados do PSOE en Cataluña, vemos que os resultados son mellores, por norma xeral, que os resultados que obtén o PSC nas eleccións catalanas: así, nas eleccións autonómicas de 2003, cunha participación do 62’54%, o PSC obtivo 1.031.454 e nas autonómicas de 2006, cunha participación do 56’04%, só 796.173 votos que contrastan cos resultados do PSOE: 1.150.533 votos nas españolas de 2000 (64’01% de participación), nas españolas de 2004, 1.586.748 votos (75’96% de participación) pero sobre todo nas europeas de 1999 e 2004, 997.203 votos cunha participación do 54’82% e practicamente o mesmo resultado (907.121 votos) cunha participación moi inferior, de só o 39’8%.
É necesario matizar estes datos. Na exemplificación do ‘espazo PSOE’ son mais significativos os resultados das eleccións europeas que os das españolas en razón da propia competición electoral. Como afirman nos seus estudos Bartomeu e Molas a grande competición electoral en Cataluña, onde compiten todas as forzas políticas en diverso grao e en función do tipo de elección, dáse no centro e centro-esquerda de sentimento ‘tan español coma catalán’. Un fenómeno típico desta realidade é o que se coñece como sociovergència, o comportamento estábel e reiterado dun sector da povoación que vota Convergència i Unió (CiU) nas autonómicas e PSC-PSOE nas españolas. Naturalmente, este sector non ten nada que ver co que se pretende identificar coa etiqueta ‘espazo PSOE’: El grup històricament més nombrós d’electors canviants l’integren els qui recorden haver votat pel PSC en les eleccions generals i per CiU en les eleccions autonòmiques. Aquest grup representa al voltant del 20% dels votants canviants en molts dels sondeigs analitzats i aproximadament és un 6% del conjunt d’enquestats. No s’observa cap tendència definida en la fluctuació de les magnituds d’aquest grup al llarg del període estudiat. O ‘espazo PSOE’ é mais pequeno cuantitativamente que a sociovergència e é tendencialmente abstencionista, fóra das convocatorias asimilábeis ao PSOE.
Identificado o ‘espazo PSOE’, onde se pode ubicar geograficamente? A resposta nola dá Joan Font no seu estudo sobre a abstención en Cataluña: the deepening participative differences between Barcelona's surroundings and the rest of Catalonia in regional elections cannot be explained without taking into account the population characteristics of the first area (mostly working-class immigration from Spain's Southern regions), as well as the consolidation of the electoral hegemony of a government coalition (CiU) which does not represent this group's interests in Catalan politics.
3.- Onde votan a Ciutadans?
Coherentemente coa exposición anterior e coa hipótese expresada, o voto a Ciutadans debe darse na zona de maior votación ao PSC. O PSC concentra o seu voto na provincia de Barcelona (BCN-P), pero é que alí é onde vive a maior parte da povoación de Cataluña, polo que é un fenómeno extensíbel a todos os partidos. Sen embargo, axustando mais as cousas, o PSC concentra en derredor do 70% do voto na Área Metropolitana de Barcelona (BCN-AM), e se afinamos mais e retiramos do cómputo as comarcas máis rurais da BCN-AM, se nos cinximos ao cinturón obreiro e à propia BCN, BCN-CO: achamos que o PSC obtén o 60% de voto nesas zonas.
Sobre o concepto de BCN-CO, varias cousas. Para alén de chamarlle cinturón por ser o cinturón industrial de BCN, as áreas que compoñen esta área son áreas onde o conxunto da esquerda catalana (PSC-ERC-IC-V) saca sempre mais votos que a suma da direita catalana (PPdC –CiU). Coa excepción da comarca do Barcelonès, onde nas eleccións españolas do ano 2000 gañou a dereita catalana por 66.362 votos. A esquerda catalana obtén en BCN-CO en derredor do 57% dos seus votos en toda Cataluña. BCN-CO é onde a inmigración española durante o franquismo se instalou, e supón en derredor do 53% dos votantes. A dereita obtén en derredor do 48% dos seus sufraxios nesta área, pero se nos fixamos no PPdC a percentaxe é significativamente superior: o 66’51% do voto ao PPdC nas municipais de 2003, 62’17% nas autonómicas do mesmo ano, 60’9% nas seguintes e o 59% nas españolas de 2004. A este respecto aclarar que o PPdC é un partido que depende moito da capital, pois recolle un número moi elevado dos seus sufraxios na comarca do Barcelonès: o 45% nas municipais de 2003, 40’83% nas autonómicas do mesmo ano, 38’89% nas seguintes e o 37% nas españolas de 2004.
Se imos aos resultados electorais de 2006, às primeiras eleccións às que concorreu C’s, atopamos que obtivo o 3’03% do voto, 89.840 votos. O voto de C’s se concentra en BCN-P, co 3’53% dos votos, obtendo un apoio inferior ao 1% nas provincias de Girona e Lleida e algo maior na de Tarragona, o 2’42%. Se analisamos exclusivamente o seu voto, achamos que C’s é un partido eminentemente barcelonés, posto que o 87’4% dos seus sufraxios son nesa provincia. Se atendemos ao resto das provincias, obtén o 2’88% dos seus sufraxios en Girona (o 32’55 destes na comarca da capital, Gironès), o 1’96% en Lleida (o 74’62% destes na comarca da capital, Segrià) e o 7’75% en Tarragona (o 50’62% destes na comarca da capital, Tarragonès).
Se continuamos co achegamento ao voto na provincia de BCN, achamos que concentra o 82’85% do seu voto en BCN-AM e o 76’63% en BCN-CO, o 46’52%.
Dito doutra forma, os votantes de C’s e os votantes do PSC comparten o mesmo espazo xeográfico. Pero tamén é o espazo dos do PPdC. Xorde unha pregunta...
4.- Quen vota a Ciutadans?
Antes de analisar os trasvases de voto que forneceron a C’s quero apuntar varias cousas que caracterizaran às eleccións de 2006 en Cataluña. En primeiro lugar, o seu caracter excepcional, dado que se convocaran a resultas da aprobación dunha reforma estatutaria. En segundo lugar, o cansazo que expresou a cidadanía catalana despois de ser durante tres anos o centro e o tema do debate político, altamente crispado, a nivel do Estado. A presentación da lista de C’s, sen dúbida, responde a esta dinámica, pero mais claramente se manifesta coa baixada da participación nun 6’5% e o aumento dos votos nulos, de 8.793 a 13.574, e, sobre todo, o espectacular dos votos en branco, de 30.212 a 60.244.
Dito isto, en primeiro lugar atenderemos aos resultados globais: o PSC baixou un 4’34 nos seus sufraxios, o PPdC un 1’24%, ERC un 2’41% e subiran CiU nun 0’58%, IC-V un 2’24%. C’s entrou no reparto co 3’03%.
Como podemos adxudicar os traspases de voto? Como podemos saber quen aportou os votos a C’s?
En primeiro lugar, dicir que se adxudican os traspases entendendo que se están mostrando tendencias, pois o voto responde a unha decisión volitiva de cada persoa e non é propiedade de ningunha formación política ou tendencia ideolóxica, con todo, atendendo à literatura sobre o particular e à relativa estabilidade e continuidade do voto se adxudican a un ou outro partido.
Acudindo à literatura existente sabemos que un grup de votants canviants és el dels que manifesten haver votat PP en les eleccions generals i CiU en les eleccions autonòmiques. Aquest és l’únic grup que mostra una clara tendència creixent, ja que passa de representar menys del 2% del conjunt dels enquestats el 1991 a més del 5% el 1998. Aquestes dades confirmen la hipòtesi formulada sobre l’evolució de l’electorat del PP vers els espais centrals, més poblats, que li comportarien no solament un augment de votants fixos, sinó sobre tot una major capacitat d’atracció de votants canviants en les eleccions generals a partir de 1996. Aquests, però, manifesten haver-se decantat per altres opcions en les eleccions autonòmiques, tot i que no hem de descartar que una part d’aquests pogui convertir-se en una segona etapa en electorat fix del PP. Dado que o PP foi o partido máis belixerante en contra do novo Estatuto, semella moi factíbel que votantes centristas que progresivamente ian deixando de votar CiU nas autonómicas voltaran ao rego nestas eleccións.
Polo tanto, podemos adxudicar a CiU sen demasiados problemas a perda do 0’58% do voto por parte do PPdC, pero réstanos un 0’66% de baixada inexplicado. Dado que o outro partido co que adoita ter traspasos o PPdC, o PSC, baixou dun xeito significativo e importante, non se lle pode otorgar a paternidade dese cambio. C’s emerxe coma a alternativa máis probábel.
Sendo así, restaría unha parte do voto a C’s sen explicar, a parte do león, ademais.
A hipótese de partida deste traballo é que o voto a C’s procede do que se estabeleceu como ‘espazo PSOE’. Cómpre, xa que logo, atender aos resultados do PSC. Xa se dixo que a baixada foi do 4’34% e se atendemos ao feito de que el PSC competeix bàsicament en tres tipus d’àrees, que se superposen al seu nucli. En la zona esquerra d’aquest ho fa amb IC, en el centre-esquerra amb CiU, ERC i IC i en el punt central de la figura amb PP i CiU, podemos estabelecer, dado que o PPdC baixou, e CiU practicamente non se moveu, sendo atribuíbel o seu pequeno reponte a un pequeno traspaso de voto centrista desde o PPdC, que unha parte dos seus sufraxios deberon ir a IC-V, e, quizá tamén, a C’s.
Sen dúbida, a tendencia primaria debe atribuírselle ao medre de IC-V, porque como se recolle na literatura, o PSC comparte o núcleo do seu espazo con IC-V e C’s, por outra banda, é un partido novo, descoñecido, polo que a atribución do traspase debe considerarse secundariamente. Sendo o medre de IC-V do 2’24% e a descida do PSC do 4’34, resta un 2’1% do voto desaparecido do PSC.
Se atribuimos o 2’1% inexplicado da baixada do PSC e o 0’66% inexplicado da baixada do PPdC a C’s, só nos restaría un 0’27% do voto de C’s por explicar. Sendo consecuentes con esta análise, deberíase atribuír a unha parte do ‘espazo PSOE’ que decidiu deixar de ser abstencionista nestas autonómicas, non porque existira a perspectiva de facer fóra a CiU da Generalitat, coma tres anos antes, senón porque apareceu un partido novo, sen complexos de non ser catalanista.
Se imos às comarcas de BCN-AM, as pautas se repiten con insistencia:
No Baix Llobregat, a descida do 5’56% do PSC casa practicamente co medre de IC-V (1’18%) máis a percentaxe de voto de C’s (3’96%), o 5’14%. Así mesmo, a do PPdC (1’26%) co medre de CiU (1’53%).
No Barcelonès, a queda do PSC (6’39%) coa suma (7’31%) de IC-V (2’8%) e C’s (4’51%). A do PPdC (1’59%) coa suba de CiU (1’27%). Neste caso, semella que houbo algún traspaso tamén entre o PPdC e C’s.
No Maresme, a baixada do PSC (3’76%) non explica a combinación de IC-V (2’64%) e C’s (2’7%), que é do 5’34%. Outravolta, se atendemos ao resultado do PPdC (-1’76%) e ao estancamento de CiU (+0’68%), semella que se deu un traspaso do PPdC a C’s.
No Vallès Occidental, o PSC caeu un 6’06%, IC-V medrou un 2’12% e C’s obtivo un 3’55. Dado que o medre de CiU é do 1’64% e a baixa do PPdC do 0’95% pódese hipotetizar un traspaso entre o PSC e CiU, para alén do clásico reaxustamento na dereita dado que eran eleccións autonómicas.
No Vallès Oriental, a queda do PSC é do 4’05% e a suma de IC-V (+2’28%) máis C’s (2’54%) é do 4’82%. Outravolta, dado que CiU mantén a sua posición (+0’13%) semella que existe un certo transvase entre o PPdC (-0’82%) e C’s.
Cómpre facer notar que é nas zonas menos obreiras (Maresme e Vallès Oriental) e na comarca do Barcelonès, onde se inclúe a megalópolis, onde é preciso o PPdC para explicar parte do voto a C’s. Non é así nas zonas obreiras, o que parece un feito que apoia a colocación de C’s no centro-esquerda españolista e como competidor do PSC polo ‘espazo PSOE’, unha competición nova, posto que, ata o de agora, o PSC gozaba do monopolio nese ámbito: Per la seva banda, el PSC no té competidors aparents en el centre-esquerra/sentiment de pertinença espanyol i a l’esquerra/«únicament espanyol».
5.- Conclusións
Apareceu un novo actor na política autonómica catalana. Dada a excepcionalidade das eleccións onde xurdiu e a tradicional mobilidade estábel do sistema político catalán, a priori a vida de C’s non debía ir máis lonxe da presente lexislatura.
Sen embargo, dada a existencia do ‘espazo PSOE’ e de que C’s veu obter os seus sufraxios, maioritariamente, nese espazo e, ao tempo, de que compite levemente co PP no centro de identificación española, entendo que Ciutadans pode converterse nun referente político permanente en Cataluña se consegue estabilizar os seus apoios no ‘espazo PSOE’ e medrar no espazo do centro-esquerda español, competindo cun PSC demasiado catalanista, e do centro español competindo tamén co PPdC. A competencia no espazo de dereita e centro-dereita español semella suicida posto que é difícil superar en dereitismo e españolismo ao PP e, máis aínda, se atendemos a que o PPdC tense aproximado ao centro político e a posicións de tan catalán coma español para incrementar os seus apoios dado que maioría dos cataláns se sitúa no centro e centro-esquerda moderadamente catalanista.
BIBLIOGRAFÍA
Bartomeus, O. e Molas, I. (1998)“Estructura de la competència política a Catalunya” ICPS Working Paper, nº138, Barcelona
Bartomeus, O. e Molas, I. (1999) “Els espais de frontera entre els electorats. Estructura de la competència política a Catalunya (II)”, ICPS Working Paper, nº165, Barcelona
Colomé, Gabriel, (1989) El Partit dels Socialistes de Catalunya; estructura, funcionament i electorat (1978-1984), ed. 62, Barcelona
Font, J. (1993) “Non-voting in Catalonia”, ICPS Working Paper, nº 75, pág. 5
Lucas, M. (2004) ERC: La llarga marxa:1977-2004. De la il·legalitat al Govern, Col. Nou Mil·leni, Ed. Columna, Barcelona
Magre, J. (1993) “L’abstencionisme dels joves a Catalunya: uma primera tipologia”, ICPS Working Paper, nº76, Barcelona
Niubó, R. (2007) “Projecte de recerca”, electrònic.
Riquer, Borja de (1990) “Sobre el lugar de los Nacionalismos-Regionalismos en la Historia Contemporánea española”, Historia Social, nº 7
Resultados electorais en: http://www.gencat.net/governacio-ap/eleccions/index-prov.htm
Sort i Jané, Josep (1997) O nacionalismo español, Ed. Laiovento: Noia
No original aparece ós, corrixo o erro na transcrición.
Sort i Jané (1997), páxs. 122-123
Acrónimo do Partido Socialista Obrero Español
Bartomeus e Molas (1998), páx. 2
Bartomeus e Molas (1998), páx. 4 (Subliñado meu)
Bartomeus e Molas (1999), páx. 16
Se se quere máis información sobre o PSC, existe un estudo sobre este partido durante o período 1978-1984 feito polo profesor Gabriel Colomé (1989) e proximamente existirá un sobre a fundación do PSC, o meu amigo Raül Niubó está a elaborar a súa tese precisamente sobre o proceso de formación e fusión das tres organizacións.
Enténdese que é resultado atribuíbel ao PSOE os de aquelas eleccións nas que o ámbito da elección sobarda o territorio de Cataluña, é dicir, as eleccións españolas e as europeas.
Non é así nas municipais, dada a implantación e o forte municipalismo que caracterizan ao PSC, recórdese que o eixo da súa oposición durante todo o pujolismo foi o poder local.
O resultado desas eleccións permitiu a constitución dun governo tripartito (PSC-ERC-IC-V) e facer pasar à oposición a CiU despois de 23 anos no governo autónomo.
Bartomeus e Molas (1999), páx. 14
Oscila entre o 68% e o 71%. Consideráronse as eleccións municipais de 2003, as catalanas de 2003 e 2006 e as españolas de 2000 e 2004.
Para evitar traballar con concellos, o que aumentaría o custo da recollida e análise innecesariamente, acudiuse aos datos agregados de comarcas, dado que o fenómeno da urbanización e o povoamento propios da Área Metropolitana se dan nesas comarcas. As comarcas da Área Metropolitana son Baix Llobregat, Barcelonès, Maresme, Vallès Occidental e Vallès Oriental.
Oscila entre o 59% e o 61%. Consideráronse as mesmas eleccións que na nota 15. BCN-CO inclúe as comarcas de: Baix Llobregat, Barcelonês e Vallès Occidental.
Siglas de Esquerra Republicana de Catalunya.
Siglas de Iniciativa per Catalunya-Verds
Consideráranse as municipais de 2003, as españolas de 2000 e 2004, sendo as percentaxes de 57’78%, 59’52% e 56’76%, respectivamente.
54% nas españolas de 2004, 53% nas autonômicas de 2003 e 52’79% nas de 2006.
O 46% nas municipais de 2003 e o 50’91% nas españolas de 2004.
Non se trata no artigo o descenso de voto de ERC. Poderíase supor que parte do medre de IC-V se lle debe atribuir a este partido. Son contrario a esa explicación. Como din Bartomeu e Molas (1999), páx.9: “ERC és un cas apart, ja que tot i obtenir més suport en les eleccions autonòmiques que en les generals elseu punt d’ancoratge es desplaça cap a l’esquerra, tot allunyant-se del centre. Això s’explicaria per la incorporació d’un contingent d’electors, situats en l’esquerra i l'extrema esquerra, a les eleccions autonòmiques que no voten pel partit republicà a les generals”. Ao meu parecer, o incremento sustancial do voto en branco (+1’11%) e do voto a outras candidaturas extraparlamentarias (2’14%) explícase porque, ao transformarse de forza de oposición a forza de governo, ERC paga a peaxe de perder o voto antisistema que lle era propio e exclusivo.
Bartomeu e Molas (1999), páxs. 15-16
Bartomeu e Molas (1998), páx. 12
Bartomeu e Molas (1998), páx. 10
Bartomeu e Molas (1999), páx. 26
|